As bandas ás cales se atribúe a xestación do xénero son Deep Purple, Black Sabbath e Led Zeppelin. A primeira debido ao virtuosismo na composición e execución dos seus temas, e á súa fusión da música clásica co xénero rockeiro (elemento vital para o posterior aparición do heavy metal). A segunda grazas á densidade e crueza do seu son. E a terceira debido á súa constante exploración musical de diversos estilos (como o *blues e o folk), recreándoos sempre baixo unha proposta máis dura e experimental. Durante os anos 60, outras bandas practicaron estilos que se consideran precedentes do rock duro; así, adóitase atribuír o primeiro riff hard rock ao tema "You Really Got Me" de The Kinks, tamén se asegura que a primeira canción de Hard Rock sería Helter Skelter de The Beatles.