Saltar ao contido

Punk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Punk
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Nome orixinal
Punk rock (en) Editar o valor en Wikidata
 Caracterizado por
 Lista do elemento
Datas
 Fundación / creación
1975 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
 Sucedido por
post-punk (1978 - ) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
Freebase/m/05r6t Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 173214 BNE: XX553230
Wikidata C:Commons

O punk, tamén coñecido como punk rock, é un movemento musical dentro do rock que emerxeu a mediados dos anos 1970. Con raíces no garage rock dos anos 60, as bandas punk rexeitaron os excesos do rock mainstream dos 70. Caracterízase pola súa actitude independente e de afeccionados, adoptando a ética DIY, encargándose moitos grupos de autoproducir os seus traballos, editados a través de pequenos selos independentes. Nos seus inicios, o punk era unha música moi simple e crúa, ás veces descoidada: un tipo de rock sinxelo, con melodías simples de duracións curtas, sons de guitarras amplificadas pouco controlados ou ruidosos, poucos arranxos e instrumentos, e, polo xeral, de compases e tempos rápidos.

As liñas de guitarra caracterízanse pola súa sinxeleza e a crueza do son amplificado, xeralmente creando un ambiente sonoro ruidoso ou agresivo herdado do garage rock. O baixo, polo xeral, segue só a liña do acorde e non busca adornar con oitavas nin arranxos a melodía. A batería pola súa banda leva un tempo acelerado, con ritmos sinxelos de rock. As voces varían desde expresións fortes e ata violentas ou desgarradas, expresivas caricaturas cantadas que alteran os parámetros convencionais da acción do cantante, ata formas máis melódicas e elaboradas.

Historia do punk

[editar | editar a fonte]

Orixes e contexto cultural

[editar | editar a fonte]

A finais dos anos 1960, unha corrente de mozos de Gran Bretaña e outros países industrializados consideraban que o rock pasara de ser un medio de expresión para os mozos, a unha mera ferramenta de mercado e escaparate para a grandilocuencia dos músicos dese entón, afastando a música da xente común. O punk xurdiu como unha mofa á rixidez dos convencionalismos que ocultaban formas de opresión social e cultural.

As características do punk rock foron precedidas polo garaxe rock, recruando máis o son forte do rock e con composicións menos profesionais, influenciados polo son da "Invasión Británica", como The Kinks, The Beatles ou The Who, e collendo elementos do son ruidoso do garaxe rock de The Stooges ou The Velvet Underground. Tamén se recollen influencias do frenético Surf rock. Estas variadas influencias coñécense agora como proto-punk. Dentro das mesmas pódese incluír tamén entre as influencias temperás a Bobby Fouler Four autor do sinxelo "I Fought the Law", que foi covereado por The Clash, e a Moderns Lovers autores de "Rooadrunner" dados os seus ritmos acelerados, non tan próximos ao punk rock posterior pero se afastado do rock convencional e típico da época, con acordes simples pero aínda sen distorsión ou volume alto.

The Ramones fixeron composicións sinxelas, cuxas acedas letras trataban temas como a anti-moda e as drogas, marcando co seu estilo unha pauta a seguir para as bandas por vir.

The Clash, unha das bandas máis populares do punk británico.A visita destes a Londres fixo que grupos xa existentes, como os Sex Pistols, comezasen a usar os seus instrumentos como medios de expresión e provocación para mostrar o seu descontento cara ao que consideraban unha sociedade de mentalidade estreita e represora.

Co tempo o xénero tomaría diferentes camiños e no seu paso evolucionaría en moitos subxéneros e recollería influencias doutros estilos musicais. Os subxéneros do punk defínense ás veces por características musicais, e noutros casos polo contido da mensaxe ou a ideoloxía que o inspira.

Tal como despois sucedería en moitos outros países, en Inglaterra pronto os grupos tomaron influencias doutros xéneros. Unha das primeiras fusións do punk foi co reggae e o ska dos inmigrantes xamaicanos no país. Como primeiro e máis representativo exemplo pódese mencionar á banda The Clash e os seus temas "Police and Thieves", "The Guns of Brixton" e "(White Man) In Hammersmith Palais". Outro xénero que pronto se fusionou co punk foi o glam rock.

Nos inicios tamén xurdiu o estilo hardcore punk, que se caracterizou por ser unha versión máis rápida da forma sucia de tocar o punk. As primeiras bandas foron Bad Brains, Middle Class e Teen Idles.

Orixe do termo 'punk'

[editar | editar a fonte]

O termo inglés "punk" ten un significado despectivo que adoita variar, aplicándose a obxectos (significando "lixo") ou a persoas (significando "vago", "desprezable" ou, tamén, "lixo" e "escoura"). Utilízase de forma irónica como descrición do substrato crítico ou descontento que contén esta música. Ao utilizalo como etiqueta propia, os "punkies" (ou "punks") desmárcanse da adecuación aos roles e estereotipos sociais. Debido ao carácter deste significado, o punk a miúdo asociouse a actitudes de descoido persoal, utilizouse como medio de expresión de sentimentos de malestar e odio, e tamén deu cabida a comportamentos neuróticos ou autodestrutivos.

O termo punk utilizouse como título dunha revista fundada en 1976 en Nova York por John Holmstrom, Ged Dunn e Legs McNeil que desexaban unha revista que falase de todo o que lles gustaba: as reposicións por televisión, beber cervexa, o