Saltar ao contido

STS-108

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-108
Lanzamento da misión STS-108
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento5 de decembro de 2001, 22:19 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión11,82 días[6]
Obxectivo da misiónMontaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso17 de decembro de 2001[6]
NSSDC ID2001-054A

STS-108 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 5 de decembro de 2001 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-108, con oito astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. Levou cara a estación á Expedición 4, formada por Iuri Onufriienko, Daniel W. Bursch e Carl E. Walz, e trouxo de volta á Expedición 3 (Frank Culbertson, Vladimir Dezhurov e Mikhail Tiurin). O comandante da misión era Dominic L. Gorie, con Mark E. Kelly como piloto e Linda M. Godwin e Daniel M. Tani como especialistas de misión. Levou subministracións a bordo do módulo Raffaello e durante a misión Godwin e Tani levaron a cabo un paseo espacial para engadar proteccións térmicas ás bases dos paneis solares da estación. O transbordador tamén levaba na súa bodega de carga varios experimentos.[3][5][6][7]

O transbordador volveu a terra no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 17 de decembro de 2001.[3][5][6]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 108" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 31 May 2002 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (02-56238(E)). 1 de xullo de 2002: 3. Consultado o 7 de xaneiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 108" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-108 / ISS UF-1" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 Mark Wade (2011). "STS-108" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2018.
  7. NASA (6 de outubro de 2020). "STS-108" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2021. Consultado o 28 de outubro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]