O synthpop (tamén coñecido como electropop ou technopop) é un xénero de música popular que inicialmente se fixo popular nos anos 80, década na cal o sintetizador foi o instrumento musical dominante. Fi presaxiado nos anos 60 e comezos dos 70 polo uso de sintetizadores no rock pogresivo, art rock electrónico, disco e particularmente no Krautrock de bandas como Kraftwerk. Xurdiu como un xénero distinto no Xapón e no Reino Unido na época do post-punk como parte do movemento new wave de finais dos 70 ata mediados dos 80.
O primeiros pioneiros do synthpop son o grupo xaponés Yellow Magic Orchestra e as bandas británicas Ultravox e The Human League; esta última usaba varios sintetizadores monofónicos para producir música cun son sinxelo e austero. Tras a ruptura de Tubeway Army e Gary Numan na lista de sinxelos británica, un gran número de artistas comearon a colleitar éxitos cun son baseado en sintetizadores a principios dos anos 80, como Soft Cell, Orchestral Manoeuvres in the Dark, Japan e Depeche Mode no Reino Unido, mentres que no Xapón o éxito de Yellow Magic Orchestra abriu o camiño a bandas de synthpop como P-Model, Plastics e Hikashu. O desenvolvemento dos sintetizadores polifónicos económicos, a definición do MIDI e o uso de ritmos dance, levaron a un son máis comercial e accesible para o synthpop. Este feito e a súa adopción por artistas do movemento New Romantic, xunto coa aparición da MTV, fixo que moitos grupos británicos de synthpop, como Duran Duran e