Vitamina
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
As vitaminas (termo chegado dende o inglés, creación da lingua científica que combina o latín vita ‘vida’ e amine ‘amina’, porque se pensou que as vitaminas contiñan aminoácidos)[1] son compostos heteroxéneos que non poden ser sintetizados polo organismo, polo que este non pode obtelos máis ca a través da inxestión directa. As vitaminas son nutrientes esenciais, imprescindibles para a vida. Actúan como coenzimas e grupos prostéticos dos enzimas. Os seus requirimentos non son moi altos, pero tanto o seu defecto coma o seu exceso poden producir enfermidades (respectivamente, avitaminoses e hipervitaminoses).
As vitaminas adóitanse clasificar segundo a súa solubilidade en auga ou en lípidos:

Hidrosolubles:
- Vitamina C ou ácido ascórbico (antiescorbútica)
- Complexo B
- Vitamina B1, tiamina, aneurina ou vitamina antiberibérica
- Vitamina B2, riboflavina, lactoflavina, verdoflavina ou vitamina Q
- Vitamina B3, niacina, ácido nicotínico, nicotinamida ou vitamina PP
- Vitamina B5 ou ácido pantoténico
- Vitamina B6, piridoxina, piridoxal, piridoxamina ou adermina
- Vitamina B7, biotina, factor bios, coenzima R, vitamina H, vitamina B8, vitamina Bw
- Vitamina B9, ácido fólico, folacina, factor S, factor U, vitamina 10, vitamina 11 ou vitamina M
- Vitamina B12, cianocobalamina ou factor extrínseco de Castle
- Vitamina B15* ou ácido pangámico
- Vitamina B17*, laetril ou amigdalina
- Vitamina BT ou carnitina
Nota: as marcadas cun (*) non se consideran realmente vitaminas.
Liposolubles:
- Vitamina A, retinol, vitamina antixeroftálmica ou vitamina antiinfecciosa
- Vitamina D, calciferol (colecalciferol ou D3) (antirraquítica)
- Vitamina E, tocoferol, vitamina antiesterilidade ou vitamina da fertilidade
- Vitamina K, naftoquinona, filoquinona, vitamina antihemorráxica
Funcións
[editar | editar a fonte]- Os enzimas poden estar activados ou desactivados, este paso é debido a cofactores enzimáticos, que poden ser coenzimas, grupos prostéticos ou ións metálicos. Os enzimas activados chámanse holoenzimas e os desactivados apoenzimas.
- Os coenzimas están debilmente unidos ó enzima para separarse doadamente. Os grupos prostéticos teñen unha ligazón máis forte.
- As vitaminas son moléculas orgánicas cuxa ausencia provoca enfermidades chamadas avitaminoses, coma o escorbuto. Posto que o organismo non é capaz de sintetizalas debe adquirilas cos alimentos. Unha dieta na que falte algunha delas provocará trastornos metabólicos que acabarán por provocar enfermidades, e incluso a morte.
- As vitaminas adoitan ser precursoras dos coenzimas.
- As vitaminas tamén actúan como substancias antioxidantes, que preveñen distintos tipos de cancro. Así, por exemplo, a vitamina E parece que, tomada nos alimentos que a conteñen, prevé o cancro de próstata.
Actualmente a vitamina D non se considera de xeito específico unha vitamina, senón que se pode considerar como hormona.
Mitos sobre as vitaminas
[editar | editar a fonte]Existen crenzas moi estendidas sobre as vitaminas pero que en realidade non sempre son reais.
- A recuperación dunha deficiencia de vitaminas é lenta: ás veces si, ás veces non. Pode ser lenta ou moi rápida. Na curación do escorbuto, as hemorraxias poden desaparecer en 24 horas, e gran parte dos síntomas desaparecen en 10 ou 15 días.
No caso do beriberi húmido a recuperación pódese cualificar de espectacular. Un enfermo cunha deficiencia de anos pode mostrar unha recuperación asombrosa en poucas horas, ou ata no transcurso de só unha hora. Aínda así, o tratamento deberá continuar ata que se repoñan as súas reservas.
- As vitaminas engordan: as vitaminas non teñen valor calórico. Con todo, a deficiencia de vitaminas do grupo B e a A poden diminuír o apetito e ao tomar vitaminas volve normalizarse o apetito. Con todo, tamén aumenta o metabolismo ao repor as vitaminas B, o que dá lugar a un maior consumo enerxético.
- Unha persoa con sobrepeso non pode estar malnutrida: as deficiencias non teñen tanto que ver coa cantidade de comida senón coa calidade da alimentación (non se debe confundir o termo malnutrición co termo desnutrición). De feito, se se reduce a cantidade de comida, adóitanse reducir as necesidades de vitaminas. Ao estudar xaxúns controlados moi longos, de ata case 300 días, viuse que se non había unha deficiencia previa, durante o xaxún non se producía ningunha deficiencia.
En resumo, unha persoa con sobrepeso ou obesa pode ter unha deficiencia de vitaminas ou outros nutrientes.
- Aínda que non se teña unha deficiencia, unha achega extra de vitaminas é boa: en principio, se non se ten unha falta de vitaminas, unha maior inxesta de vitaminas non vai producir ningún beneficio. Con todo, moitos médicos comentan que segundo a súa experiencia, a pesar de non observar unha deficiencia, si viron unha melloría.
Esta circunstancia pódese deber a que, realmente, un exceso de vitaminas é positivo, ou que sexa debido a unha deficiencia, moi pouco evidente, que se cura ao administrar vitaminas. Por suposto, as doses diarias recomendadas débense superar para cubrir necesidades diarias e repor as reservas dos días en que non se chega ás doses mínimas. Ademais, en situacións de tensión, exercicio intenso ou de competición as necesidades adoitan aumentar.
- A vitamina C prevé enfermidades: hai evidencias de que a vitamina C pode reducir a incidencia ou recuperación de enfermidades coma o catarro[Cómpre referencia]. Con todo, a súa deficiencia, así coma a doutras vitaminas coma as B ou a A, poden afectar ao sistema inmunolóxico.
- As vitaminas presentes nos alimentos son máis baratas: en relación ao seu prezo, un suplemento vitamínico ten maior dose que a que pode ter practicamente calquera alimento. Con todo, é moito máis recomendable conseguir as vitaminas dos alimentos, xa que estes achegan outras substancias moi importantes. Por exemplo, o consumo de alimentos ricos en vitamina E diminuía o risco de cancro, pero ao consumila en comprimidos de vitamina E sintética, non se producía este beneficio, porque os comprimidos carecían dos antioxidantes que acompañaban á vitamina E natural neses alimentos.
Avitaminoses
[editar | editar a fonte]A deficiencia de vitaminas pode producir trastornos máis ou menos graves, segundo o grao de deficiencia, chegando ata a morte. Respecto á posibilidade de que estas deficiencias se produzan no mundo desenvolvido hai posturas moi enfrontadas. Por unha banda están os que aseguran que é practicamente imposible que se produza unha avitaminose, e por outra os que responden que é bastante difícil chegar ás doses de vitaminas mínimas, e xa que logo, é fácil adquirir unha deficiencia, polo menos leve.
Os que alegan que unha avitaminose é pouco probable son maioría. Este grupo maioritario argumenta que:
- As necesidades de vitaminas son mínimas, e non hai que preocuparse por elas, en comparación con outros macronutrientes.
- Faise un abuso de suplementos vitamínicos.
- Na nosa contorna faise unha dieta o suficientemente variada para cubrir todas as necesidades.
- A calidade dos alimentos na nosa sociedade é suficientemente alta.
Polo lado contrario respóndese que:
- As necesidades de vitaminas son pequenas, pero tamén o son as cantidades que se atopan nos alimentos.
- Non son raras as carencias dalgún nutriente entre a poboación de países desenvolvidos: ferro e outros minerais, antioxidantes (moi relacionados coas vitaminas) etc.
- As vitaminas son afectadas negativamente polos mesmos factores que os demais nutrientes, aos que suman outros coma a calor, o pH, a luz, o osíxeno etc.
- Basta que non se sigan as recomendacións mínimas de consumir 5 porcións de verduras ou froitas ao día para que non se chegue á cubrir as necesidades diarias básicas.
- Calquera factor que afecte negativamente á alimentación, como poden ser cambios de residencia, falta de tempo, mala educación nutricional ou problemas económicos, pode provocar algunha deficiencia de vitaminas ou outros nutrientes.
- Son ben coñecidos, desde hai séculos, os síntomas de avitaminoses severas. Pero non se sabe tan ben como diagnosticar unha deficiencia leve a partir dos seus posibles síntomas como poderían ser: as estrías nas unllas, sangrado das enxivas, problemas de memoria, dores musculares, falta de ánimo, torpeza, problemas de